Skip to content
logo nos produtores white-blue

Do noso campo á túa mesa

Pataca galega Nos Produtores
logo nos productores

Somos produtores Galegos

Nós non é un produto, nin un modo de presentalo, nin tan sequera un nome. Nós, en realidade, é unha maneira de facer, unha tradición, unha cultura.

Ou, cando menos, así é como nós entendemos: como unha xeira de produtos extraordinarios cun valor que queremos contribuír a recuperar; como inigualable materia prima para a elaboración de produtos de altísima calidade; como froito dun proceso de cultivo e produción natural e artesanal.

Por iso, Nós non nace nunha nave industrial ou nunha distribuidora, senón na nosa propia terra. A mesma na que cultivamos ou criamos os nosos propios alimentos, cos coidados o mimo e a paciencia que esixen uns produtos de calidade suprema, tan saborosa como saudable.

Todo para poder ofrecer

o mellor
da terra

E con idéntica dedicación tratamos os nosos produtos, tanto o cultivado coma o elaborado: un a un, artesanalmente, sen aditivos nin conservantes. Sans, naturais e cun sabor tan exquisito como o que só emerxe da terra coidada. Así, tal e como se fixo sempre, con delicadeza e sosego, orgullosos da nosa tradición culinaria e da nosa riqueza natural.

Todo para servir
o mellor da nosa
cultura gastronómica,
da nosa dieta atlántica; 
do campo á mesa.

_
_

Produto propio elaborado
ou seleccionado, do campo á mesa.

Así pois, produtos de calidade suprema, inigualable sabor, naturais e saudables, froito dunha coidada elaboración artesanal baseada na tradición que nos é propia, dende o cultivo ou a cría ata o momento da venda.

O compromiso de Nós produtores esténdese, polo tanto, non só á oferta dunha gama de produtos de alta calidade de produción propia ou á selección doutros próximos á nosa filosofía, senón tamén á recuperación dunha terra, que forma parte indisoluble do noso patrimonio e que ofrece unhas potencialidades únicas en termos sociais, económicos e medioambientais para o noso contorno.   

Porque apostar pola terra como facemos dende Nós non é só apostar por un produto de calidade suprema, senón tamén por un recurso ecolóxico e sostible que, contribúe a manter limpos os campos galegos e a súa riqueza paisaxística e proporciona fórmulas autóctonas para o noso desenvolvemento rural, con criterios baseados ademais no benestar animal e o respecto ao medio ambiente

A nosa aposta pasa polo respecto ao produto, a sostibilidade e o desenvolvemento rural 

Unha selecta gama de produtos,
pensada para cada ocasión

Dispoñemos dunha selecta gama de produtos de calidade suprema, de produción propia ou seleccionada, pensada para cada ocasión, elaborada como se fixo sempre e con todo o sabor de sempre.

Produtos todos eles que manteñen uns atributos comúns.

NATURAIS.  TRADICIONAIS.  SAUDABLES. 

_